top of page


Desenvolviches algún proxecto, iniciativa ou actividade en Educación para a Cidadanía Global en centros educativos? Traballaches temas de dereitos humanos, xustiza social, xénero, cultura de paz, entre outros, desde unha perspectiva glocal? Queres que figure no mapa galego de ECG?
A ONGD Solidariedade Internacional de Galicia (SIG) e o Grupo de Investigación ECIGAL da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña, desenvolvemos esta ferramenta coa que coñecernos, punto de partida para tecer unha rede de centros e entidades que traballan en ECG, así como establecer liñas de colaboración e aprendizaxe compartida.
Investigacións en activo
bottom of page