Algunhas das reflexións das e dos estudantes que participaron na experiencia da APS reflexionan sobre a conciencia do problema do incremento dos discursos de odio, dos estigmas e discriminacións cara colectivos vulnerados e das súas repercusións a nivel persoal e social
“Esta actividade permitiunos ser conscientes de como os discursos de odio están presentes en cada unha das realidades individuais, e fomos testemuñas diso cando o comentamos coas persoas que nos acompañaron nesta actividade. Non coñeciamos a gran magnitude que tiñan os discursos de odio, pero nos demos conta de como estes se manifestan en todos os ámbitos sociais e se intensifican a medida que pasa o tempo”
“Aprendemos que os estereotipos cara este colectivo van máis alo do que realmente se ve, xa que por exemplo, como unha delas nos comentou, para alugarlle un piso lle pediron unha foto dos seus antecedentes penais”
“Os discursos de odio, aínda que non se reciban de maneira directa, provocan nas persoas secuelas que poden perdurar toda a vida. Estes discursos xeran inseguridade nas persoas, falta de autoestima, unha grande presión que provoca ansiedade... e todo isto pode logo afectar e provocar problemas mentais máis graves. Esta inseguridade afecta tanto a nivel persoal como social, xa que, esta desconfianza que se xera en base aos discursos que sofren as persoas pertencentes a colectivos desfavorecidos, fai que xeren un rexeitamento cara outras persoas, afectando así ás súas capacidades sociais e relacionais. A todo isto se lle suma un sentimento de desprotección, debido a que quen debería dar resposta a estes discursos de odio son ao final quen máis os retroalimentan”
“Tamén aprendemos que como teñen esas experiencias negativas cos ‘payos’ desenvolveron un temor e un rexeitamento cara eles, para non sufrir a discriminación á que están expostos se se relacionan con xente allea á súa etnia”
“Las cartografías fueron una forma nueva de ver cómo los discursos de odio pueden afectar de forma distinta a cada persona en función de las experiencias vividas y cómo, al mismo tiempo, existen formas diferentes de enfrentarse a ellos”