top of page
Foto Maria C..jpg

María Caride Delgado

  • Web

Son Educadora Social e Técnica de Proxectos na ONGD Solidariedade Internacional de Galicia. Traballo no Departamento de Educación para a Cidadanía Global da entidade. 

​

A miña labor céntrase principalmente en promover a Educación para a Cidadanía Global, tanto no eido regrado (en todas as etapas educativas), como no non regrado así como na xeración de colaboracións e sinerxías con distintas institucións e organizacións que  teñan como finalidade a transformación social e política cara unha cidadanía global crítica, empoderada e emancipada. 

​

Dende as ONGD somos conscientes de que é fundamental camiñar cara prácticas de traballo colaborativo interinstitucionais, nas que cada entidade asuma un rol diferenciado, acorde ás súas potencialidades, pero que nos permita dar respostas comúns ás complexidades da sociedade actual de maneira integral. Por iso que penso que contar con perfís como o meu, alleos á academia, máis achegados á acción, tamén aporta valor ao grupo de investigación ECIGAL. 

Sobre min

Diplomada en Educación Social e Licenciada en Psicopedagoxía pola Universidade de A Coruña. Conto co Diploma de Estudos Avanzados no programa de doutorado  Innovación e investigación educativa no departamento de Pedagoxía e Didáctica das Ciencias Experimentais  da Universidade de A Coruña. Dende o ano 2005 son técnica de proxectos de educación en Solidariedade Internacional de Galicia. Ao longo destes anos de experiencia e estabilidade laboral, a miña labor no marco da entidade, céntrase fundamentalmente na xestión e coordinación de todo tipo de iniciativas de educación para a cidadanía global (deseño, formulación, implementación, avaliación e xustificación de actividades e proxectos).  

​

Conto con experiencia como conferenciante, formadora e organizadora de xornadas e seminarios sobre Educación para a Cidadanía Global. Ademais de desenvolver a miña praxe profesional na área de Educación tamén participo activamente doutras áreas impulsadas dende a entidade, como o Comercio Xusto, a Participación Social e a Cooperación ao Desenvolvemento.  

​

A miña experiencia investigadora  está ligada aos anos que realicei os cursos de doutoramento e dende o ano 2013 colaboro na área de investigación da entidade grazas ao traballo desenvolvido coa Universidade de A Coruña e da Universidade de Santiago, sempre vencellados a Educación para a Cidadanía Global e ás pedagoxías transformadoras.  

​

Como educadora social, oriéntome a cooperar na xeración de alternativas sociais e proxectos que contribúan á xeración e implementación de estratexias que teñan como finalidade a xustiza global. 

Para todo elo, gústame partir de dúas máximas que intento aplicar sempre, tanto no profesional coma no persoal: “Corresponsabilidade. Ou o que é o mesmo, pensar globalmente e actuar localmente” e “manter a coherencia entre o pensar, o sentir e o facer”, coido que ambas me axudan non perder de vista o importante. 

Contacto

Solidariedade Internacional de Galicia 

Vereda del Polvorín 2 

15002. A Coruña

981243506 

bottom of page