Compartímosvos esta caixa de ferramentas, dirixida a profesionais e referentes que acompañan a nenos e adolescentes en procesos de toma de decisións.
Foi deseñada a partir dun traballo interuniversitario do que algunhas de nós formamos parte, liderado pola Universidade de Barcelona, en colaboración coa Universidade da Coruña, a UNED e a Universidad de Sevilla, así como con técnicos e técnicas de municipios de Cataluña, Galicia, Madrid e Andalucía.
As ferramentas que proporciona favorecerán o desenvolvemento de competencias para acompañar e fortalecerán a participación da infancia nos municipios. Trátase de recursos e actividades prácticas para facilitar esta tarefa ás e aos profesionais e fortalecer a participación da infancia e a adolescencia como cidadanía activa, capaz e con voz en distintos espazos.
Coñécea e compártea!



Comments