Dende o Plan de Animación Sociocultural que desenvolvemos en colaboración coa asociación Aliad Ultreia e co grupo SEPA-interea da USC, estamos a impulsar o que é o III Seminario de Educacións en Prisión, nesta edición centrado na participación en prisión.
Celebrarase o 28 de outubro na Facultade de Ciencias da Educación da USC.
Podes consultar o programa no seguinte enlace: https://www.ascprision.es/iii-seminario
Están convidados Jordi Enjuanes e Susana Gracia, do C.P. de Lledoners para falarnos do Modelo de participación e convivencia que se está a implantar nas prisións catalanas, seguido dunha parte máis práctica na que abordar estratexias para fomentar a participación en prisión, tanto das persoas presas como das familias e da comunidade.
Pola tarde, a Rede Galega de Educacións en Prisión (REGAEP), da que tamén formamos parte, organizamos unha mesa redonda sobre participación e voluntariado nos centros penais.
Animádevos a participar!
Comments