top of page

Obradoiro de alfabetización dixital

Toda educadora e educador social ten un papel fundamental na alfabetización dixital e mediática da cidadanía. Nos seus distintos ámbitos de traballo poden planificar e desenvolver situacións de aprendizaxe dirixidas a traballar cos medios de comunicación como obxecto de estudo, favorecendo procesos que impliquen a análise crítica das mensaxes dos medios e a creación de produtos mediáticos. Tendo en conta o enfoque da cidadanía global é relevante a creación de mensaxes mediáticos que den voz a colectivos pouco presentes nos medios de comunicación dominantes. Estes colectivos, como prosumidores, poden crear as súas propias mensaxes en distintos formatos para denunciar situacións de desigualdade, reivindicar os seus dereitos, loitar por distintas causas , etc. converténdose así en activistas dixitais.


Neste obradoiro se busca dar a coñecer os proxectos de educación mediática que leva a cabo EpDLab (Laboratorio de Educación para o Desenvolvemento) en distintos centros educativos. Tras coñecer estes proxectos, os estudantes de Educación Social planificarán situacións de aprendizaxe para un colectivo determinado, elixindo unha temática de educación para a cidadanía global. A situación de aprendizaxe planificada incluirá dinámicas de análise crítica e de creación de produtos mediáticos.


Comments


bottom of page