ONGDs, profesorado e persoal de institucións educativas comparten visións e experiencias no webinar

O Grupo de Investigación ECIGAL e a ONGD Solidariedade Internacional de Galicia organizan un espazo onde profesionais da educación de diversas comunidades autónomas conversan sobre educación crítica e transformadora


Encontro “Diálogo sobre Educación para la Ciudadanía Global en la escuela: realidades y propuestas”

O Grupo de Investigación Educación para a Cidadanía Global (ECIGAL) e a ONG Solidariedade Internacional de Galicia (SIG) convocaron as tardes dos días 7 e 9 de xuño a profesorado, profesionais de ONGDs e persoal de institucións educativas de todo o territorio español a participar no Webinar Diálogo sobre Educación para la Ciudadanía Global en el escuela: realidades y propuestas. Esta xuntanza, á que se inscribiron 36 persoas, tiña como obxectivo xerar espazos participativos de cuestionamento e diálogo nos que recoller novos matices e ópticas arredor da Educación para a Cidadanía Global e compartir experiencias realizadas.


A xuntanza virtual comezou cunha presentación do proxecto por parte da coordinadora do grupo de investigación, Renée DePalma, quen deu paso a cada unha das compañeiras do equipo para expoñer os principais resultados adquiridos por eixos de traballo. As liñas expostas foron posteriormente analizadas e debatidas entre pequenos grupos de persoas asistentes, que concluíron a conversa con mensaxes esperanzadoras cara os avances da ECG, o seu recoñecemento a nivel curricular e o camiño a seguir. “Hace falta formación para realizar otro tipo de educación que construya ciudadanía crítica hacia un mundo más justo, hacia una educación transformadora que permita conciencia y entender el enfoque de justicia social global”, apuntaba unha das participantes. “Necesitamos educación política de la buena, que no son los partidos políticos”, destacaba outra das persoas asistentes.


Presentación sobre a ferramenta cartográfica Mapa Cénit de experiencias de Educación para a Cidadanía Global

Na segunda sesión das xornadas expúxose a ferramenta cartográfica Mapa Cénit de experiencias de Educación para a Cidadanía Global, un mapa interactivo que nace cos obxectivos de recoñecer e visibilizar experiencias para dar a coñecer referentes de consulta e guía para iniciarse na ECG, para achegar recursos e para tecer unha comunidade que reflexione e avance conxuntamente cara a novos enfoques. O equipo presentou o camiño traballado no proxecto ata o día de hoxe e os propósitos de crecemento da ferramenta no futuro, animando así ás persoas asistentes a sumarse a esta comunidade.


“El mundo necesita de vosotras”, Haydée Castillo.

O encontro rematou cunha “sorpresa global” para as persoas asistentes. Haydée Castillo, defensora de Dereitos Humanos en Nicaragua, interveu na xuntanza cun discurso motivador sobre a responsabilidade dos profesionais da educación. “Ante tanta criminalidad, ustedes son personas valiosísimas, el mundo necesita de vosotras (...) Estamos viviendo tiempos bastante complejos donde la dignidad del ser humano está en disputa. Se la disputa el mercado, el crimen organizado, el negocio de las drogas… A nosotros como educadores y educadoras, como miembros de esta comunidad, nos toca buscar como deconstruir este marco y entrar en esta disputa”, afirmou.


Intervención de Haydée Castillo, denfesora de Dereitos Humanos en Nicaragua

María Caride, representante de SIG, recollía as palabras de Haydée Castillo e remataba o acto cun ton esperanzador, no que a mensaxe de apostar por tecer redes e traballar de xeito colectivo foi a máis escoitada. “Después de dos días reflexionando cómo trabajamos en los centros, qué podemos mejorar y de escuchar testimonios que, aunque a otro nivel, trabajan los mismos temas, concluimos que no estamos divididos, que los problemas son globales y las soluciones tienen que ser globales. Cada uno y cada una las damos a nuestra escala y a nosotras ahora nos toca darla a la escala socio-educativa”, concluíu.