top of page

Premio TFG: As Epistemoloxías do Sur na Educación para o Desenvolvemento

A OCV convocou no pasado mes de novembro unha nova edición dos Premios UDC a Traballos de fin de Grao e Traballos de Fin de Máster (TFM) en cooperación ao desenvolvemento. Esta iniciativa pretende contribuír á transformación local e global, potenciando aqueles estudos e traballos que axuden a un mellor coñecemento das prácticas enfocadas ao desenvolvemento humano sustentable na contorna, ademais de promover o coñecemento e a sensibilización sobre os retos globais.


Neste ano o segundo do premios levouno Eloi Fernández Ramos, estudante do Grao de Educación Social que, titorizado por María Barba dende o grupo investigación ECIGAL. Centrou a súa exploración en coñecer a relevancia das epistemoloxías do sur na Educación para o desenvolvemento e a cidadanía global en Galicia a través da visión do persoal técnico das ONGDs.





Como indica o propio Eloi:

"As Epistemoloxías do Sur validan e visibilizan os coñecementos que historicamente foron

oprimidos e silenciados debido á consolidación do pensamento occidental hexemónico a nivel global dende a época colonial.

No presente traballo analízanse os resultados obtidos mediante dúas técnicas de investigación cualitativa, a entrevista grupal e o grupo de discusión, sobre as nocións e a visión que as técnicas que traballan na Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global en Galicia e que forman parte da Coordinadora Galega de ONGD teñen sobre estas formas de coñecemento, analizando tamén de que xeito as traballan na súa praxe educativa. Alén disto, o estudo adopta unha visión máis holística sobre o sector da Cooperación Internacional desde unha visión profundamente crítica".


Felicitamos a Eloi pola súa contribución e esperamos poder seguir colaborando no que é un foco de interese clave do grupo ECIGAL: o avance cara unha ECG decolonial.

Comments


bottom of page