top of page

Explorando as posibilidades de extender a dimensión global da EpD en educación secundaria obligatoria. Unha investigación diagnóstica en centros educativos de Galicia (2014-2015)

IP: Araceli Serantes 

investigadores/as: Renée DePalma Úngaro, Montserrat Muriano Rodríguez, , M. Dolores Cotelo Guerra, José Luis Iglesias Salvado, Patricia Digón Regueiro, Rosa M. Méndez García, M. Cristina Pérez Crego, Ánxela M. Bugallo Rodríguez, Iria Sobrino Freire, M. Cristina Naya Riveiro, Patricia Carballal Miñán, Estefanía Mosquera Castro, M. José Caride Delgado, Ana Lampón Gude, 

entidade colaboradora: Solidaridad internacional Galicia

entidades financiadora: Xunta de Galicia

orzamento: 49.566,73 €

Realizáronse 6 microestudos de caso nos escenarios naturais, desde a perspectiva das e dos protagonistas, a través de entrevistas de corte narrativo semiestruturado –adaptadas ao perfil das persoas informantes–, co obxectivo de crear coñecemento novo (Kvale, 2011).

En cada centro entrevistouse a lo menos a tres axentes clave para ter unha visión contrastada:

(i) ao profesorado implicado nalgún proxecto de ECG desenvolvido en colaboración con SI-G

(ii) ás persoas responsables da dinamización das bibliotecas, que xeralmente desenvolven proxectos de centro

(iii) a un membro do equipo directivo,

sempre no propio centro para garantir escenarios naturais.

Garantiuse o anonimato nas respostas e analizouse o contido utilizando o software Atlas.it 7.1. Primeiro analizouse o documento primario mediante unha codificación descritiva de forma inductiva, posteriormente asignáronse etiquetas aos temas de forma deductiva; a análise de segundo nivel foi a través de “memos” que perimitó unha codificación axial entre categorias e códigos, que permitiu interrelacionar ideas recorrentes, ideas clave e hipótese.

​

Tamén se realizaron 5 entrevistas de corte narrativo semiestruturado a persoas especialistas seleccionadas pola súa relevancia para identificar estratexias para incluír a ECG no currículo, metodoloxías de colaboración intercentro e necesidades formativas do profesorado. 
As persoas entrevistadas foron Douglas Bourn e Frances Hunt (DERC-University College London), Vanessa Andreotti (University of British Columbia), Rene A súaša (Oulu  Universuty) e Alejandra Boni (Universidade Politécnica de Valencia). 
Posteriormente, realizamos un grupo de discusión entre Vanessa Andreotti, Rene Depalma e investigadoras da UDC, membros de SI-G e profesorado interesado, para identificar as condicións que interfiren para a implantación da ECG nos centros, as motivacións do profesorado, as necesidades formativas e as implicacións de introducir “discursos subversivos e antihexemónicos” (Serantes, Zapico e DePalma, 2019:124). 
En ambos os caso se utilizaron categorías de análise emerxentes de forma indutiva. Tomouse como referencia o marco normativo vixente en Galicia, España e Reino Unido (Digón, 2019).

 

Publicacións

2015

Serantes, Araceli; Zapico, Helena; Pérez, M. Cristina e Pazos, Vanessa (2015). Dimensión Global e Educación para o Desenvolvemento: perspectivas do profesorado de secundaria. Revista de estudios e investigación en Psicología y Educación. Vol. Extr., No. 08, pp. 95-99. DOI: 10.17979/reipe.2015.0.08.560 

2015

Serantes, Araceli; DePalma, Renée;  Cotelo, M. Dolores;  Iglesias, José Luis;  Digón, Patricia; Rivera, Begoña; Becerra, Carmen; Caride, María e  Lampón, Ana (2015). Educación Global na Educación Secundaria Obligatoria: unha investigación diagnóstica nos centros educativos de Galicia. Revista de estudios e investigación en Psicología y Educación. Vol. Extr., No. 08, pp. 100-104. DOI: 10.17979/reipe.2015.0.08.561 

bottom of page