Formacións
Dende Ecigal ofrecemos actividades formativas en diferentes formatos (cursos, seminarios, moocs, etc.), en torno a temática da Educación para a cidadanía global e outras pedagoxías críticas e transformadoras.
Educación para a cidadanía global na escola. Unha mirada dende a práctica.
Este curso pretende dar a coñecer o que implica incorporar o enfoque da educación para a cidadania global na escola e no currículo. Tendo en conta a aposta da LOMLOE (2020) por unha educación comprometida cos dereitos da infancia, coa igualdade de xénero e de oportunidades e co desenvolvemento sostible e a cidadanía mundial. Neste curso nárranse experiencias levadas a cabo nas etapas da educación infantil, a educación primaria e a educación secundaria, ofrecendo claves sobre como se poden integrar estas temáticas en proxectos de centro e en todas as áreas do currículum.
Xa está accesible na UdC Aberta, plataforma Mooc da UdC:
I Xornadas Internacionais de intercambio de saberes desde a Cooperación ao Desenvolvemento: estratexias contra as violencias machistas cara as mulleres para unha vida plena.
27 de abril de 2023. Facultade de Ciencias da Educación da UdC