top of page
Ecigal_logo.png

O grupo de investigación ECIGAL da Universidade da Coruña (España) dedicámonos a promover e investigar a Educación para a Cidadanía Global (ECG) e outras educacións críticas e transformadoras. Entendemos que a ECG é unha estratexia ética de transformación ecosocial, a través da aprendizaxe colaborativa e comprometida coa construción de sociedades xustas e solidarias. 

Desenvolvemos un importante traballo de posta en relación de institucións de educación regrada (como escolas e universidades), con outros axentes sociais relevantes, como ONG e outras organizacións. Así mesmo, dende a óptica da educación social, traballamos en diferentes contextos educativos e comunitarios, na promoción de procesos críticos e transformadores que contribúan á xustiza social e ambiental.

Priorizamos o uso de metodoloxías de investigación participativa e o desenvolvemento de alfabetizacións críticas (dixitais) que nos poden axudar a identificar, reinterpretar e deconstruír as desigualdades globais. 

Grupo de investigación ECIGAL UDC.jpg

TRAXECTORIA

2013 

2017

2018

2020

No ano 2013, un grupo de investigadoras da UdC comezamos cunha experiencia de investigación en EpD da man da ONGD Solidariedade Internacional de Galicia (SIG).

Desde entón, desenvolvemos sen interrupción experiencias de investigación-acción colaborativa, financiadas pola Xunta de Galicia en convocatorias de concorrencia competitiva. Cada proxecto dá resposta a problemas ou inquietudes que xurdiron no anterior.

Despois de anos traballando en centros educativos de primaria e secundaria, puxemos a mirada na formación universitaria e introducimos a ECG nas nosas materias, co apoio de SIG e AGARESO, con dinámicas diferentes, apoiándonos nos recursos comunicativos que ofrecen as novas tecnoloxías e facendo protagonistas da aprendizaxe ao alumnado.

 

A incorporación desta temática é algo que mantemos, dentro dos títulos de educación infantil, primaria, educación social, e mestrado de formación do profesorado. 

Iniciamos un proceso de cartografía social como estratexia para conectar ONGD e profesorado implicado en desenvolver proxectos de ECG. Isto derivou nun mapa dixital que permite contactar entre persoas, coñecer en profundidade proxectos, identificar metodoloxías ou temáticas, rescatar programas e experiencias, etc. 

Como resultado de anos de traxectoria de traballo, creamos o Grupo de Investigación de Educación para a Cidadanía Global da Universidade da Coruña (ECIGAL), o cal aglutina a investigadoras da Facultade de Ciencias da Educación con experiencia neste ámbito. Con elo buscamos dar continuidade a liña de traballo previa; reforzar o traballo en ECG no sistema universitario galego; así como ampliar a novos espazos de investigación e acción e a novas colaboracións con entidades públicas e privadas.

logo_Xunta-Galicia.png
logo_cooperación-galega.jpg
Gene20_Design_FINALS_6.png

LIÑAS DE INVESTIGACIÓN

Liñas investigación ECIGAL.png

A NOSA EQUIPA

ECIGAL é un grupo de investigación conformado por docentes e investigadoras da Universidade da Coruña, xunto con profesionais da ONGD Solidaridad Internacional Galicia

Renée_DePalma_Úngaro_ECIGAL.jpg

Renée DePalma

Coordinadora do Grupo de Investigación

Titular de universidade na UDC 

departamento de Pedagoxía e Didáctica

Área Didáctica e Organización escolar

foto-Laura_edited_edited.jpg

Laura Cruz López

Profesora contratada doutora na UDC 

Departamento de Pedagoxía e Didáctica

Área de Teoría e Historia da Educación

Patricia_Digón_Regueiro_ECIGAL_edited.jpg

Patricia Digón Regueiro

Titular de universidade na UDC 

Departamento de Pedagoxía e Didáctica

Área Didáctica e organización escolar

Rosa_María_Méndez_García_ECIGAL_edited_edited.jpg

Rosa María Méndez García

Profesora contratada doutora na UDC

Departamento de Pedagoxía e Didáctica

Área Didáctica e organización escolar

Grupo investigación ECIGAL_edited.jpg

Araceli Serantes Pazos

Profesora contratada doutora na UDC 

Departamento de Pedagoxía e Didáctica

Área de Teoría e Historia da Educación

María_Barba_edited_edited.jpg

María Barba Núñez

Profesora interina na UDC 

Departamento de Pedagoxía e Didáctica

Área de Teoría e Historia da Educación

Vero.jpg

Verónica Verdía Varela

Técnica de investigación na UDC

Doutoranda no Programa de doutoramento en ciencias sociais e do comportamento.

Foto Maria C..jpg

María Caride Delgado

Técnica de Educación en Solidariedade Internacional Galicia.

FOTO ANA_edited_edited_edited.jpg

Ana Lampón Gude

Técnica de investigación en Solidariedade Internacional Galicia. 

Equipa

PARTNERS E COLABORACIÓNS

logo_Solidaridad-internacional_Galicia.png
Emapic.png
Logo-Agareso-300x300.png
OCV.jpg
arquitectura sin fronteras.png
logo Aliad.png
logo_Xunta-Galicia.png
logo_cooperación-galega.jpg
Gene20_Design_FINALS_6.png

CONTACTO

Universidade da Coruña

Facultade de Ciencias da Educación

Campus Elviña, 15071, A Coruña (Galicia) 

grupo.investigacion.ecigal@udc.es

Contacto
bottom of page