TRANSFERENCIA


A ONGD Solidariedade Internacional de Galicia (SIG) e o Grupo de Investigación ECIGAL da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña, desenvolvemos esta ferramenta coa que coñecernos, punto de partida para tecer unha rede de centros e entidades que traballan en ECG, así como establecer liñas de colaboración e aprendizaxe compartida.

La educación para el desarrollo y la ciudadanía global
Nesta obra recóllense experiencias que permiten identificar metodoloxías, temáticas, enfoques e instrumentos, e que contribúen a visibilizar as luces e sombras, os acertos e dificultades aos que nos enfrontamos á hora de traballar a EPD.
Pretende ser unha ferramenta útil para profesionais que traballan en EPD e, moi especialmente, para o profesorado.

Plan de ASC na prisión de Monterroso
Nun contexto social tan particular como é a prisión, confiamos na animación sociocultural como estratexia de traballo que permite acrecentar as posibilidades de educación, no respecto aos dereitos da persoa.
Sabendo das dificultades que impón este contexto, a experiencia na prisión de Monterroso é unha mostra elocuente das posibilidades desta metodoloxía na á hora de acrecentar as posibilidade de educación e participación en prisión e a apertura do centro cara o exterior.

Xornadas de Desenvolvemento e Cidadanía Global
No ano 2019 cumpríamos 7 edicións das Xornadas de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadaní Global. Estas Xornadas, organizadas dende a ONGD Solidaridade Internacional Galicia e a Facultade de Ciencias da Educación da UdC, reúnen cada ano a especialistas e profesionais para dialogar sobre os principais retos do tempo actual e estratexias educativas para avanzar, dende unha mirada glocal, cara un mundo máis xusto.
Se queres saber máis dos proxectos en marcha, escríbenos!