Investigando a dimensión global da educación para o desenvolvemento na educación secundaria obrigatoria e no ensino superior universitario de Galicia (2017-2018)
IP: Araceli Serantes Pazos
Outras persoas do equipo investigador: Renée DePalma, Mª Montserrat Muriano Rodríguez, Mª Dolores Cotelo Guerra, José Luis Iglesias Salvado, Patricia Digón Regueiro, Rosa María Méndez García, María Cristina Pérez Crego, Ánxela Bugallo Rodríguez, Iria Sobrino Freire, María Cristina Naya Riveiro, Patricia Carballal Miñán, Estefanía Mosquera Castro, María José Caride Delgado, Ana M. Lampón Gude, María del Camino Pereiro González, María Beatriz Páramo Iglesias e Verónica Dopico Cancela
Entidade colaboradora: Solidaridade Internacional de Galicia e Grupo de Investigación de Pedagoxía, Historia e Sociedade da Universidade da Coruña
Entidade financiadora: Cooperación Galega (Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia)
Cantidade da financiación: 44.915,00 euros
Este proxecto centrouse na formación inicial do profesorado: introducimos a ECG nas nosas materias, co apoio de SI-G e AGARESO, con dinámicas diferentes, apoiándonos nos recursos comunicativos que ofrecen as novas tecnoloxías e facendo protagonistas da aprendizaxe ao alumnado.
​
Empregouse a investigación-acción participativa, realizada co alumnado en formación de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Social, para incluír a ECG mediante un proxecto integrado na Facultade de Ciencias da Educación da UDC. Consistiu en numerosas accións diferencias en materias específicas de Didáctica Xeral, das Linguas, das Matemáticas, das Ciencias Experimentais, de TIC, Educación en Valores e Educación Ambiental, para producir material ou procesos de aprendizaxe. O alumnado puido comprobar a súa eficacia a través dunha “Feira de ECG” celebrada no mes de maio, e na que colaboraron con outros “postos de actividades” ONGD coma SIG, AGARESO, Arquitectura sen Fronteiras ou a Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC.
​
Recolléronse evidencias, graváronse actuacións e realizáronse avaliacións ao alumnado promotor de experiencias e ao que participou na feira, que se cruzaron coa avaliación externa do proxecto.
​
Iniciouse a elaboración do libro coordinado por Renée Depalma Úngaro, –A educación para o desenvolvemento e a cidadanía global. Unha experiencia de investigación-acción participativa– publicado pola editorial Graó, no que se recolle esta experiencia cun afán descritivo e exemplificador.
​
Creouse o Premio Galego de Educación para ou Desenvolvemento e a Cidadanía Global, cuxa primeira edición viu a luz no 2020.
Publicación
2017
Serantes-Pazos, Araceli (2017). Educación Ambiental e Educación para a Cidadanía Global: encontro de movementos educativos?. Revista de estudios e investigación en Psicología y Educación. Vol. Extr., No. 04, pp. 194-197. DOI: https://doi.org/10.17979/reipe.2017.0.04.3036