top of page

Cartografía corporal. Dos discursos de odio a un lecer compartido


O sábado 17 de xuño estivemos en Acampa pola paz e o dereito a refuxio presentando a exposición "Cartografía corporal. Dos discursos de ocio ao lecer compartido". Maís de 30 persoas nos acompañaron nesa presentación.



Carlota, Stephanie e Henar compartiron o resultado da cartografía corporal sobre discursos de odio, que realizaron coa profesora Laura Cruz e coa colaboración de 14 entidades da Rede Acampa.

Estas cartografías atenden ás dimensións da integridade humana que aprendemos coas Mujeres Mayas Kaqla, examinando como os discursos de odio impactan na nosa mente, emocións, espiritualidade e corpo e, moi especialmente, sobre as persoas máis vulnerabilizadas.


Pero os nosos corpos son tamén espazos de accionar e de resistencias, e as alumnas tamén nos trasladan os espazos de convivencia que xeraron a través do ocio con María Barba na materia de Tempo libre, coa mirada propositiva da educación social.


❤️ Moi agradecidas ás persoas que participaron nas cartografías e experiencias de ocio, ás entidades colaboradoras, a Roi polo loable deseño gráfico, e á Oficina de Cooperación e Voluntariado polo apoio á iniciativa.



Bình luận


bottom of page