top of page

Investigando no territorio para coñecer e recoñecer os centros educativos que traballan educación para o desenvolvemento e cidadanía global en Galicia (I) (2018-2019)

IPs: Alba Patricia Digón Regueiro e Rosa María Méndez García 

Outras persoas do equipo investigador: Ana Margarita Lampón Gude; Ánxela María Bugallo Rodríguez; Araceli Serantes Pazos; Laura Cruz López; María Cristina Naya Riveiro; María Cristina Pérez Crego; María José Caride Delgado; Silvana Longueira Matos; Renée DePalma. 

Entidade colaboradora:  Solidariedade Internacional de Galicia 

Entidade financiadora:  Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea. Xunta de Galicia. 

Cantidade da financiación: 37.374,25 euros 

Este proxecto é consecuencia dunha traxectoria investigadora na que se observou a importancia de superar un enfoque reducionista da EpDCG; a necesidade de influír na formación; e a existencia dun número significativo de profesionais en exercicio que están a levar a cabo experiencias relevantes tanto a nivel de aula como a nivel de centro. Por todo isto, entendemos que é urxente coñecer e recoñecer o que se está a facer na práctica, cartografiando o estado da cuestión en Galicia como marco para crear redes de colaboración que axuden a promover a ECG nos centros educativos galegos.  

​

Para levar a cabo este mapeo, decidiuse empregar a cartografía social, e concretamente a sala cartográfica, como metodoloxía de traballo, entendendo que a reflexión crítica, a colaboración, a participación activa e o empoderamento definen ambas tanto a ECG como a cartografía social. 

​

Desenvolvéronse dúas salas cartográficas presenciais (marzo e novembro de 2019), con profesorado e entidades que axudaron na súa construción e validación, nas que compartimos experiencias (45 en total), debatemos sobre o tipo de información a recoller e a forma de facelo, e reflexionamos sobre a EPDCG, cuestionando a propia práctica. Posteriormente levamos a cabo unha sala piloto na que mapeamos experiencias da cidade da Coruña e arredores, ademais de seguir mellorando o propio instrumento da sala. 

​

A través de procesos participativos paralelos á realización das salas cartográficas, docentes e membros de ONGs expertas e expertos en ECG culminaron o deseño do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global, que suporía un paso máis no recoñecemento dos profesionais que incorporan experiencias de ECG nas escolas galegas.

Publicación

2020

Digón Regueiro, Patricia; Pérez Crego, Cristina; Cruz López, Laura e Méndez García, Rosa Mª (2020). Mapeando colaborativamente las experiencias de educación para el desarrollo y ciudadanía global. Revista de fomento social, nº 297, pp. 217-242. DOI: 10.32418/rfs.2020.297.4017 

bottom of page