top of page
María_Barba_edited.jpg

María Barba Núñez

  • id_orcid
  • academia.edu
  • Icono social LinkedIn

Son docente e investigadora na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.

​

A miña traxectoria previa combina a investigación e docencia, con traballo como educadora social no sector asociativo, así como a participación e militancia en colectivos, sempre en torno a tres liñas de interese:

​

  • a educación ambiental e a educación para a cidadanía global, como pedagoxías críticas e transformadoras que atenden aos principais retos do noso tempo, en clave de xustiza social e ambiental;

  • a pedagoxía social e, moi especialmente, o traballo con colectivos vulnerabilizados, dende unha labor educativa orientada á garantía de dereitos e ao empoderamento da cidadanía na transformación das súas realidades;

  • e a participación, a animación sociocultural e o desenvolvemento comunitario, eixos que considero clave nesa construción de sociedades máis xustas e centradas no coidado da vida, das persoas e da natureza.

​

Actualmente desenvolvo a miña labor investigadora dentro do Grupo ECIGAL, dende o que afondar e contribuír na promoción de pedagoxías críticas e transformadoras.

Sobre min

Son educadora social, pedagoga e doutora en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Desenvolvín a miña tese doutoral no campo da educación ambiental, un estudo socio-biográfico que explorou a traxectoria da educación ambiental en Galicia, nunha aproximación sociolóxica dende as teorías de Bourdieu.

​

Os inicios da miña andaina investigadora foron dentro do Grupo de investigación SEPA-interea da USC, co que sigo a colaborar activamente. Vinculei a miña labor de investigación á temática do cambio climático, dentro do proxecto Resclima, e á cultura da sostibilidade e a educación para o desenvolvemento e a cidadanía global, en proxectos transnacionais con República Dominicana. Teño realizado formación de profesorado de primaria y secundaria nestas temáticas, a través de la ONGD InteRed Galicia, coa que colaborei tamén durante anos na elaboración e aplicación de iniciativas de EpD e como coordinadora de voluntariado. Fun membro da Comisión de Educación da Coordinadora Galega de Educación para o Desenvolvemento do 2012 al 1015 e presidenta da Sociedade Galega de Educación Ambiental do 2016 ao 2019.

 

Traballei durante 6 anos como educadora social na asociación Aliad Ultreia, entidade da que actualmente son presidenta. Isto aproximoume ao traballo educativo no ámbito penitenciario, con persoas con problemática de drogodependencias, e con muller vítima de violencia de xénero, especialmente a trata e a explotación sexual, tema respecto ao que tamén comparto militancia en colectivos. A miña labor profesional na asociación centrouse fundamentalmente no ámbito penitenciario e na promoción da participación social e o voluntariado. Dende Aliad Ultreia impulsamos, xunto co Grupo de investigación SEPA-interea da USC, un proxecto de investigación-acción-participativa no centro penal de Monterroso, que derivou nun plan de animación sociocultural que xa vai polo seu décimo ano de andaina. Foi premiado polo seu carácter innovador nos premios á innovación social da Obra Social La Caixa, e del se derivou a publicación do libro "Animación Sociocultural en prisión. Una experiencia en el centro penitenciario de Monterroso” (Barba, Morán e Cruz, 2017).

 

Dende o ano 2018 son profesora da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, dentro do Departamento de Pedagoxía e Didáctica, área de Teoría e Historia da Educación, os primeiros dous anos como profesora asociada e actualmente como interina.

​

No Grado en Educación social vinculeime como docente nas materias de Pedagoxía social, Tempo libre e Educación ambiental, e na titorización de practicum e de traballos de fin de grado. Na titulación de Educación infantil, imparto a materia de Teoría da educación. Actualmente son coordinadora do Grao en Educación social.

 

Na esfera investigadora, actualmente son membro do Grupo de investigación ECIGAL (Grupo de Investigación Educación para a Cidadanía Global), en temas de educación para a cidadanía global e outras pedagoxías críticas e participativas; manteño tamén a miña vinculación como colaboradora externa co Grupo SEPA-interea da USC, especialmente na temática do cambio climático e cultura da sostibilidade; e son membro da equipa investigadora do proxecto interuniversitario “Infancia y participación. Diagnóstico y propuestas para una ciudadanía activa e inclusiva en la comunidad, las instituciones y la gobernanza”.

Contacto

Faculdade de Ciencias da Educación 

Despacho P0 A7

Universidade da Coruña 

Campus de Elviña, s/n 

15071  A Coruña 

881014684

bottom of page