top of page
Vero.jpg

Verónica Verdía Varela

Son Licenciada en Socioloxía pola Universidade da Coruña e cursei, na mesma universidade, un mestrado en Migracións Internacionais e outro en Metodoloxía da Investigación nas Ciencias Sociais. Traballei como técnica de educación para o desenvolvemento en dúas organizacións do terceiro sector galego. Estiven contratada pola UDC como investigadora, colaborando en tres proxectos: un sobre inmigración en Galicia (Facultade de Ciencias da Educación, 2014-2017); outro sobre diversidade funcional infantil e emigración feminina en Nicaragua (Facultade de Fisioterapia, 2018); o último, sobre educación para a cidadanía global no estado español (Facultade de Ciencias da Educación, 2021). Actualmente estou escribindo a miña tese de doutoramento sobre migracións en Galicia.

bottom of page