Traballo en rede con ONGDs

Xornadas de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global

No ano 2019 cumpríamos 7 edicións das Xornadas de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadaní Global. Estas Xornadas, organizadas dende a ONGD Solidaridade Internacional Galicia e a Facultade de Ciencias da Educación da UdC, reúnen cada ano a especialistas e profesionais para dialogar sobre os principais retos do tempo actual e estratexias educativas para avanzar, dende unha mirada glocal, cara un mundo máis xusto.