top of page

Investigando a dimensión global da educación para o desarrollo. Un proxecto piloto IAP nun centro educativo de Galicia (I) (2015-2016)

IP: Renée DePalma 

Outros membros do equipo de investigación: Begoña Bas López, Ánxela Bugallo Rodríguez, Patricia Carballal, Mª Dolores Cotelo Guerra, Patricia Digón Regueiro, Luis Iglesias Salgado, Silvana Longueira Matos, Rosa María Méndez García, Mª Cristina Naya Riveiro, Mª Cristina Pérez Crego, Araceli Serantes Pazos, Iria Sobrino Freire, María Helena Zapico Barbeito   

Entidade colaboradora: CPI Virxe da Cela e Solidariedade Internacional Galicia

Entidade financiadora: Cooperación Galega (Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia) 

Cantidade da financiación: 39.289 € 

O obxectivo principal desta investigación foi analizar a maneira de introducir transversalmente o paradigma da dimensión global da Educación para  o Desenvolvemento (ED) nun centro educativo de Galicia, aumentando a implicación do profesorado dunha maneira significativa para o seu centro, atendendo aos seus intereses e ás súas necesidades. Iniciamos un proxecto de investigación-acción participativa (IAP) que busca producir coñecemento a través dunha práctica reflexiva. 

  

Formamos unha colaboración entre especialistas universitarias en didácticas de matemáticas, ciencias naturais, ciencias sociais, e linguas e o profesorado dun centro rural para integrar a ECG como proxecto de centro. Dedicamos nesta primeira fase un tempo suficiente para familiarizar o profesorado cos procesos de investigación propostos, e para deseñar un Plan de Acción Integral entre todas y todos. 

  

De forma colaborativa, entre o equipo de investigación da UDC, A ONGD Solidariedade Internacional de Galicia (SIG) e o profesorado do CPI Virxe da Cela de Monfero, deseñáronse tres plans de acción para traballar de forma eficaz a ECG no currículo escolar, tentando abarcar o maior número de niveis educativos, así como de materias. Nesta primeira fase, se realizou un diagnóstico participativo sobre as experiencias anteriores, e se realizaron dous seminarios formativos con especialistas e grupos de traballo por áreas disciplinares. 

Publicacións

2019

DePalma, R. (2019) La educación para el desarrollo y la ciudadanía global. Barcelona: Graó. 

bottom of page