Investigando no territorio para coñecer e recoñecer os centros educativos que traballan educación para o desenvolvemento e ciadadanía global en Galicia (II) (2019-2020)
IP: Rosa Mª Méndez García e Patricia Digón Regueiro
Outras persoas do equipo investigador:
Ana Margarita Lampón Gude
Araceli Serantes Pazos
Laura Cruz López
María Cristina Naya Riveiro
María Cristina Pérez Crego
María José Caride Delgado
Renée DePalma
Entidade colaboradora:  Solidariedade Internacional de Galicia
Entidade financiadora: Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea. Xunta de Galicia.
Cantidade da financiación: 43.377,67 euros
Dando continuidade ao proxecto anterior, siguen formulándose dous obxectivos: coñecer e recoñecer as experiencias de Educación para a cidadanía global que están tendo lugar nas escolas galegas e, á vez, promover a reflexión sobre o sentido e a práctica deste enfoque de cara á súa mellora. A cartografía social síguese plantexando como metodoloxía de investigación-acción, coa intención de levar a sala cartográfica para o mapeo das experiencias a distintas localidades da xeografía galega.
A situación de pandemia interrompe este proceso facendo que decidamos concentrar os esforzos na creación dun mapa dixital de experiencias de ECG en escolas galegas. Este mapa é unha ferramenta interactiva que permite xeolocalizar experiencias tanto dos e das docentes implicados como das entidades sociais promotoras ou colaboradoras.
Publicación
2021
Cruz-López, Laura; Digón-Regueiro, Patricia e Méndez-García, Rosa María (2021). Social cartography as a participatory process for mapping experiences of Education for Sustainable Development and Global Citizenship: an account of the design. International Journal of Research and Method in Education. https://doi.org/10.1080/1743727X.2021.1966621