
O mapa Cénit de experiencias de Educación para a Cidadanía Global (ECG) é unha ferramenta creada co obxectivo de xerar un espazo para coñecer, cuestionar, reflexionar e avanzar conxuntamente na superación do enfoque reducionista e testemuñal da ECG. O mapeo das experiencias permite, non só identificalas, senón tamén negociar significados, explorar problemas, compartir solucións e xerar redes colaborativas presentes e futuras.
É, polo tanto, un mapa temporal, aberto e dinámico, en construción e actualización permanente, que permitirá coñecer o presente (sempre vivo) e debuxar posibilidades futuras de actuación.
O mapa xeolocaliza experiencias organizadas en catro capas (que se poden activar ou desactivar). O ícono das experiencias permite identificar o tema principal da iniciativa, a vinculación curricular disciplinar ou interdisciplinar e multinivel. Ao facer clic en cada unha das experiencias, podes acceder a máis información ao respecto.
Unha funcionalidade interesante da aplicación é que permite filtrar as experiencias segundo o que nos interese.
Descubre o mapa
LENDA
ETAPAS EDUCATIVAS
CENTROS

Só unha etapa

Varias etapas
Centro escolar
Centro universitario
Entidade social
CARÁCTER

Experiencia con vinculación curricular (disciplinar ou interdisciplinar)
Queres saber máis sobre as posibilidades de uso do mapa ou entender mellor o seu funcionamento?

O proxecto
Dende 2013 á actualidade, a ONGD Solidariedade Internacional de Galicia e o Grupo de Investigación ECIGAL vimos reforzando a idea de que é importante superar o enfoque que reduce a Educación para a Cidadanía Global (ECG) no sistema educativo a experiencias puntuais e illadas. Identificamos un número importante de profesionais en exercicio que están levando a cabo iniciativas moi interesantes, xa sexa de xeito individual ou colaborativo, con entidades sociais.
Ante esta realidade, consideramos imprescindible coñecer o estado da cuestión como punto de partida para tecer unha rede de centros e entidades que traballen en ECG, así como establecer liñas de colaboración e aprendizaxe compartido. O mapa responde a este doble propósito.
Obxectivos
EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA GLOBAL
O concepto de Educación para a Cidadanía Global (ECG) está en constante revisión porque é un concepto dinámico, que se vai adaptando á realidade complexa e cambiante. Para Edgar Morin (2010) a ECG é unha estratexia ética de transformación ecosocial, a través da aprendizaxe colaborativa e comprometida coa construción de sociedades xustas e solidarias, que parte do pensamento complexo como modelo de aprendizaxe, e incorpora a incerteza, a ecodependencia e a corresponsabilidade como características do proceso, cara a comprensión, a solidariedade intelectual e moral da humanidade.
Experiencias
Descubre algunhas das experiencias de Educación para a Cidadanía Global recollidas no mapa Cénit.
Súmate ao mapa
Tes interese en coñecer o traballo que se está a desenvolver en ECG en centros educativos? Desenvolviches algún proxecto, iniciativa ou actividade en Educación para a Cidadanía Global (como docente ou entidade social), en centros educativos?
Cubre o formulario e fainos chegar a túa experiencia ou descubre como integrala ti no mapa:
Comunidade ECG
Se tes interese na Educación para a Cidadanía Global, súmate a esta comunidade, conversa con persoas, centros e entidades que traballan a temática e comparte recursos.
Subscríbete!
Tes interese en coñecer o traballo que se está a desenvolver en ECG en centros educativos?
Se queres saber máis desta experiencia, escríbenos ou síguenos nas nosas redes sociais: