top of page

Mapping Critical Global Citizenship Education in Spanish Schools (2021)

IP: Renée DePalma 

Outras persoas do equipo investigador: María Barba Núñez, Laura Cruz López, Alba Patricia Digón Regueiro, Ana Lampón Gude, Rosa María Méndez García, Araceli Serantes Pazos , Verónica Varela Verdía, María José Caride Delgado. 

Entidade colaboradora: Solidariedade Internacional Galicia 

Entidade financiadora: European Educational Research Association (EERA) e Global Education Network Europe (GENE) 

Cantidade da financiación: 14.907,65 Euro 

GENE Web.JPG

Este proxecto estende o traballo do proxecto anterior, de desenvolver un Mapa de experiencias de Educación para Cidadanía Global, ao nivel estatal. En proxectos anteriores, detectamos dúas tendencias xerais: 1) A practica ECG na aula primaria adoita estruturarse como intervencións a curto prazo dirixidos por axentes externos; e 2) é menos probable que estas propostas estean incluídas no currículo oficial, de xeito que se ven como actividades especiais extraescolares que poden reducirse ou incluso eliminarse se non hai tempo suficiente para "cubrir" o currículo requirido. 

  

Polo tanto, pretendemos apoiar ao profesorado de primaria na procura de colaboración con especialistas externos (ONGD e especialistas en áreas temáticas), mantendo ao mesmo tempo o seu papel central no deseño de proxectos ECG. Dado que se espera que a docencia siga o currículo obrigado polo Estado, axudar o profesorado atopar xeitos de acadar simultaneamente os obxectivos da ECG e curriculares, así reducindo a posibilidade de que o primeiro poida ser abandonado cando a cobertura do contido requirido ten prioridade. 

  

O proxecto inclúe dous elementos centrais que teñen como obxectivo abordar estes obxectivos: 1) Cartografía - Adaptando o Mapa piloto galego ao nivel nacional, esperamos apoiar aos profesionais para estender e desenvolver esta rede de prácticas ao resto de España, e 2) Entrevistas - Entrevistando a persoal das ONGD, profesorado de primaria e especialistas en didáctica de matemáticas, ciencias, e lingua das 17 comunidades autónomas, esperamos identificar a práctica relevante existente, facilitar a súa incorporación ao mapa, vincular a práctica co currículo oficial nestas áreas e explorar posibilidades para o deseño novas iniciativas. 

Publicacións

  • Méndez, R. M., & Digón, P. (2023). Justicia Global y Educación Primaria: El Caso de las Matemáticas, Ciencias y Lenguas. Revista Internacional de Educación para la Justicia Social, 12(2), 45–62. https://doi.org/10.15366/riejs2023.12.2.003​ 

2023

bottom of page