top of page
Patricia_Digón_Regueiro_ECIGAL.jpg

Patricia Digón Regueiro

  • id_orcid
  • publons
  • scopus

Profesor universitario da área de Didáctica e Organización Escolar. Especializado nos campos da educación mediática e das tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas á educación. Comecei a miña carreira investigadora no campo da música e da educación de xénero e despois especialiceime no campo da educación mediática. O meu interese pola socioloxía da educación e a pedagoxía crítica está sempre presente no meu traballo de investigación. Nos últimos anos, a miña dedicación ao estudo da educación para a cidadanía global permitiume seguir dando un enfoque crítico á análise dos medios e dos recursos tecnolóxicos, orientando a súa integración educativa na procura da alfabetización mediática crítica e dixital.

Sobre min

Estudiei Pedagoxía e Psicopedagoxía, doctorándome con cum laude pola Universidade da Coruña ca tese titulada ¿Qué fue de Nannerl Mozart?: Género y música en la escuela obligatoria. A partir deste traballo publiquei varios artigos, entre os que se poden mencionar “An análisis of Gender in a Spanish Music Textbook” en Music Education Research (2000) ou “Género y Música” en Música y Educación (2000) xunto co libro, ¿Qué fue de Nannerl Mozart?: género y música en la escuela obligatoria,  de Publicaciones MCEP España (2005).

Debido aos encargos docentes comecei a especializarme no campo da educación mediática e as tecnoloxías da información e a comunicación aplicadas á educación, levando a cabo distintas investigacións de análise de produtos mediáticos, estudios sobre a súa integración na escola e publicando artigos como “El caduco mundo de Disney: propuesta de análisis crítico en la escuela” (2006) o “Programación infantil y televisión sensacionalista: entretener, desinformar deseducar”” (2008) ambos na Revista Comunicar. Nestas investigacións seguiu presente o meu interese inicial pola pedagoxía crítica e a socioloxía da educación. 

​

Nos últimos anos a participación en proxectos de investigación sobre educación para a cidadanía global axúdame a seguir enfocando o estudio dos medios aos enfoques críticos do currículo, traballando na integración desta perspectiva na formación dunha cidadanía dixital e mediáticamente alfabetizada e comprometida coa xustiza social e ambiental. Nesta liña algúns dos últimos traballos publicados son “La educomunicación en proyectos de educación para el desarrollo y la ciudadanía global” (2019) nunha obra colectiva da editorial Graó coordinada por Renée DePalma, “Education as fiction: market ideology and best teacher awards” na revista Pedagogy, cuture & society (2020) (https://doi.org/10.1080/14681366.2020.1801815), “Social cartography as a participatory process for mapping experiences of Education for Sustainable Development and Global Citizenship: an account of the design” en International Journal of Research and Method in Education (2021) (https://doi.org/10.1080/1743727X.2021.1966621) ou "Dilemmas in the integration of technologies in a Primary school classroom: the dialogue between teacher agency, curriculum and digital technologies" en Pedagogies: an international journal (https://doi.org/10.1080/1554480X.2021.2013235)

Contacto

Facultade de Ciencias da Educación 

Universidade da Coruña 

Campus de Elviña s/n 15071. A Coruña 

981 167000 ext. 4614 

bottom of page