top of page

Congreso Angel de Investigar sobre a Educación Global, Berlín

Membros do grupo de investigación Ecigal, xunto con equipos colaboradores das Universidades de Cantabria e Asturias, presentamos unha comunicación co título Youth Engagement with Global Challenges (a implicación da xuventude con retos globais) no congreso organizado pola Academic Network on Global Learning (Angel) no Humboldt Forum de Berlín (4-6 de xuño de 2025).

 

Compartimos os resultados emerxentes de noso proxecto Ciencia Nova Cidadá. Investigando para enfrontar Retos Globais (2024-2028) e gozamos da gran variedade de excelentes presentacións e debates. Xa estamos a desexar que chegue o próximo congreso de Angel en Italia, dentro de dous anos.




 
 
 

Recent Posts

See All

コメント


bottom of page