top of page

Congreso CIPIES

O Grupo de investigación ECIGAL, co Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, o Grupo SEPA-interea da USC, o Grupo ForInterMed da UNED e a Facultade de Educación e Traballo Social da UVigo organizamos os días 8 e 9 de maio o I Congreso Internacional, Profesional e Interuniversitario de Educación Social.

Para nós, unha oportunidade de afianzar o traballo interuniversitario e de colaboración co CEESG que vimos desenvolvendo os últimos anos e, sobre todo, unha experiencia de aprendizaxe, con conferencias, mesas redondas, comunicación e obradoiros de interese nos que afondar no que é un eixo clave da educación social: O BENESTAR E O ACOMPAÑAMENTO.




Así mesmo:

  • A nosa compañeira Laura Cruz participou na mesa redonda na que se debuxaron os retos de futuro da educación social.

  • Compartimos os nosos traballos, nun simposio sobre Xuventude en acción liderando o cambio global dende a investigación, a participación e o activismo, coordinado por Solidariedade Internacional de Galicia.

  • Participamos de comunicacións nas que divulgamos os achados sobre tecer redes de ECGC entre profesorado, ONG e comunidades escolares, ou a reflexión teórica sobre os retos da alfabetización dixital crítica.


E, sen dúbida, destacamos tamén deste congreso o seu potencial como espazo de encontro, de afectos e de oportunidades de xerar redes. Quedamos con ganas do seguinte CIPIES!!!


Agradecer á Universidade de Santiago de Compostela e ao SEPA-interea que nos acollera tan ben na súa casa.



 
 
 

Recent Posts

See All

Comments


bottom of page