top of page

Premio de Aprendizaxe-Servizo

Esta mañá tivo lugar na Reitoría a entrega dos III Premios a Proxectos de Innovación Docente en Aprendizaxe-Servizo da Universidade da Coruña, que financian e xestionan coordinadamente a Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) e o Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE).


Agradecemos que o proxecto de Aprendizaxe-Servizo "A través das ondas coa radio LibreMente" que desenvolvemos docentes de ECIGAL coas estudantes de tres materias, en colaboración cos internos da Radio da prisión de Monterroso, foi premiado como iniciativa de innovación docente. Un recoñecemento que nos encheu de ledicia.



A aprendizaxe-servizo é “unha proposta educativa que combina procesos de aprendizaxe e de servizo á comunidade nun único proxecto ben articulado no que os participantes aprenden á vez que traballan en necesidades reais da contorna coa finalidade de melloralo” (Puig, Batle, Bosch e Paus, 2007). Diferénciase dunha práctica de voluntariado ou compromiso comunitario, no sentido de que se vincula a aprendizaxes específicas da(s) materia(s) nas que se inscribe como metodoloxía. Vai máis aló do traballo de campo, porque tamén implica un exercicio de cidadanía e de compromiso cunha realidade ou proxecto social.


Esta experiencia de APS vinculouse ao Plan de Animación Sociocultural do Centro Penal de Monterroso, máis concretamente á Radio Libremente. Este proxecto é impulsado pola Asociación Aliade Ultreia, o Grupo SEPA-interea da USC e o Grupo de investigación. ECIGAL. Unha colaboración entre o sector asociativo e a universidade que busca reforzanos para transformar realidades.


A proposta dáa APS naceu do interese do grupo de Radio Libremente de contar con persoas colaboradoras externas para potenciar as posibilidades deste medio de comunicación como recurso sociocomunitario.

  • Este intercambio coa exterior busca:

  • Facer fronte ao illamento que sofre a poboación recluída e potenciar o intercambio co exterior.

  • Favorecer a reflexión e elaboración de contidos sobre diferentes che maisa partir de voces diversas.

  • Sensibilizar á cidadanía sobre a realidade de vida nas prisións.


Así mesmo, cada unha do tres propostas de APS que se desenvolveron tiña obxectivos de aprendizaxe asociados ás 3 materias asociadas. Implicáronse nesta iniciativa as e os estudantes das seguintes materias:

  • 42 estudantes da materia de Educación e medios de comunicación social, do Grao de Educación Social, acompañados pola profesora Patricia Digón Regueiro.

  • 24 estudantes da materia de Recursos e estratexias para a intervención no tempo libre, do Grao en Educación Social, acompañados pola profesora María Barba Núñez.

  • 5 estudantes da materia de IAP, acción comunitaria e xestión das organizacións, do Master en Políticas sociais e intervención sociocomunitaria, acompañados pola profesora Laura Cruz López.


Se queres saber máis da experiencia, consulta a publicación:


Ou escoita os programas de radio a través de Ivoox:


Os nosos parabéns ás compañeiras e compañeiros con quen compartimos o premio.

bottom of page