top of page

Forum Posts

María Barba Núñez
24 de xul. de 2023
In Falamos de odio e convivencia
“Cando pensamos en como afectan os discursos de odio, tendemos a pensar que todo vai ser negativo, sen embargo, estes discursos tamén provocan nas persoas gañas de loitar, de comprometerse, de rebeldía. Este é un dos aspectos que máis resaltaron as persoas que participaron e que nos permitiu reflexionar acerca da importancia do activismo” (estudante)
0
0
2
María Barba Núñez
24 de xul. de 2023
In Falamos de odio e convivencia
Para algunhas persoas esta foi unha experiencia de autoconsciencia. Indican: “A conversa aportounos un caudal de información grande, especialmente no relativo á deconstrución persoal e análise das nosas propias accións”  De aí a necesidade de fortalecer a aprendizaxe nesta liña, o cal ten que darse dende metodoloxías dialóxicas, que permitan a comprensión a través do outro/a: “A maior aprendizaxe que fixemos coa realización desta actividade foi coñecer de primeira man a realidade que viven as persoas dos colectivos cos que nun futuro podemos traballar -neste caso, persoas en situación de migración-, xa que non hai mellor maneira de aprender que escoitando a historia de vida das persoas e aquelas cousas que teñen para contar. Puidemos aprender tamén a quitarnos ese medo “escénico”, a propoñer unha actividade ante persoas totalmente descoñecidas co temor de cometer erros, equivocarnos…”  “Estamos moi agradecidas coa experiencia, polo trato que recibimos na entidade. Foi moi agradable traballar con todas as persoas participantes e queremos agradecerlles o feito de ter compartido con nós as súas historias de vida. Para nós foi un pracer escoitalos e consideramos que, do mesmo xeito que eles puideron aprender de nós, nós tamén aprendemos deles e delas”  “Agradecemos moito a oportunidade de, por primeira vez, poder desenvolver unha sesión cunhas persoas que, lonxe da situación na que se atopan, quixeron axudarnos a realizar a cartografía e sobre todo nos fixeron sentir moi cómodas, e grazas a esta experiencia tivemos a oportunidade de que todos eles nos ensinaran como ven a vida e que se abriran e nos contaran as súas historias”  “Tamén puidemos aprender coa súa autocrítica que sempre se pode mellorar unha dinámica e por iso consideramos que é tan importante escoitar o que as participantes teñen para dicir” 
0
0
1
María Barba Núñez
24 de xul. de 2023
In Falamos de odio e convivencia
Algunhas das reflexións das e dos estudantes que participaron na experiencia da APS reflexionan sobre a conciencia do problema do incremento dos discursos de odio, dos estigmas e discriminacións cara colectivos vulnerados e das súas repercusións a nivel persoal e social  “Esta actividade permitiunos ser conscientes de como os discursos de odio están presentes en cada unha das realidades individuais, e fomos testemuñas diso cando o comentamos coas persoas que nos acompañaron nesta actividade. Non coñeciamos a gran magnitude que tiñan os discursos de odio, pero nos demos conta de como estes se manifestan en todos os ámbitos sociais e se intensifican a medida que pasa o tempo”  “Aprendemos que os estereotipos cara este colectivo van máis alo do que realmente se ve, xa que por exemplo, como unha delas nos comentou, para alugarlle un piso lle pediron unha foto dos seus antecedentes penais”   “Os discursos de odio, aínda que non se reciban de maneira directa, provocan nas persoas secuelas que poden perdurar toda a vida. Estes discursos xeran inseguridade nas persoas, falta de autoestima, unha grande presión que provoca ansiedade... e todo isto pode logo afectar e provocar problemas mentais máis graves. Esta inseguridade afecta tanto a nivel persoal como social, xa que, esta desconfianza que se xera en base aos discursos que sofren as persoas pertencentes a colectivos desfavorecidos, fai que xeren un rexeitamento cara outras persoas, afectando así ás súas capacidades sociais e relacionais. A todo isto se lle suma un sentimento de desprotección, debido a que quen debería dar resposta a estes discursos de odio son ao final quen máis os retroalimentan”  “Tamén aprendemos que como teñen esas experiencias negativas cos ‘payos’ desenvolveron un temor e un rexeitamento cara eles, para non sufrir a discriminación á que están expostos se se relacionan con xente allea á súa etnia”  “Las cartografías fueron una forma nueva de ver cómo los discursos de odio pueden afectar de forma distinta a cada persona en función de las experiencias vividas y cómo, al mismo tiempo, existen formas diferentes de enfrentarse a ellos” 
0
0
3

María Barba Núñez

Admin
More actions
bottom of page