top of page

APS na prisión: colaborando coa Radio LibreMente

A Radio LibreMente, é un medio de expresión e comunicación social a través do que as persoas presas na UTE de Monterroso trasladan as súas opinións e experiencias, así como tamén un espazo no que abrirse á participación de persoas externas.


A través da metodoloxía de Aprendizaxe Servizo, dende ECIGAL e a OCV da UdC quixemos favorecer a participación de máis de case 70 estudantes que elaboraron coas persoas presas en tertulias sobre discursos de odio (materia de Investigación-acción participativa, acción comunitaria e xestión das organizacións sociais, Mestrado de Políticas sociais e intervención sociocomunitaria), sobre o tempo libre e o ocio dentro de institucións penitenciarias (materia de Recursos e estratexias para a intervención no tempo libre, Grao en Educación Social), ou que actuaron como reporteiras/os externas elaborando podcast que poder integrar nos programas da Radio LibreMente (materia de Educación e medios de comunicación social, Grao en Educación Social).

Con elo contribuímos ao traballo de promoción de metodoloxías críticas e transformadoras polo que aposta ECIGAL, nunha experiencia de aprendizaxe ben valiosa tanto para as estudantes como para as persoas presas.


Á espera da autorización da Secretaría General de Instituciones Penitenciarias, en breves contamos con poder difundir os programas alén dos muros da cadea. Polo momento compartímosvos algúns dos traballos realizados polas alumnas/os da materia de Educación e medios de comunicación social.


Audios traballos alumnado
.ppsx
Download PPSX • 88.68MB

A Radio LibreMente é impulsada pola asociación Aliad Ultreia, a asociación de software libre Melisa, o Grupo SEPA-interea e ECIGAL, dentro do Plan de Animación Sociocultural do Centro Penitenciario de Monterroso que financia a Obra Social La Caixa.

bottom of page