top of page

Nace o Grupo de investigación ECIGAL

As persoas que conformamos ECIGAL levamos anos de traxectoria de traballo colaborativo, que se retroalimentou da propia investigación e da aplicación de accións educativas, para definir novos retos e formas de facer as cousas. Como resultado desta traxectoria común, en 2020, conformamos formalmente un grupo de investigación centrado na educación para a cidadanía global (ECIGAL), en liña co obxectivo 4.7 dos ODS e no marco da LOMLOE, fronte a desenvolvemento sostible e para a cidadanía global.



Como grupo queremos contribuír desde a educación para afrontar problemas globais interconectados desde a corresponsabilidade, a dignidade e o compromiso, fronte a sociedades xustas e sostibles.

Mantemos unha colaboración permanente con entidades do terceiro sector para promover prácticas de cidadanía activa que garantan a cohesión social e a xustiza ambiental, desde unha perspectiva intercultural, nun mundo interdependente.

bottom of page