top of page

Nova axuda concedida para a labor investigadora na ECG

O pasado mes de xullo de 2021, Cooperación Galega da Xunta de Galicia publicou a resolución de axudas concedidas para a realización de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global, na cal o noso equipo conseguiu financiamento para desenvolver a terceira fase do proxecto "Investigando no territorio para coñecer e recoñecer experiencias de educación para a cidadanía global desenvolvidas no ensino regrado de Galicia." O obxectivo principal da investigación é xerar coñecemento sobre como identificar os centros educativos galegos de todas as etapas educativas que traballan en Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global así como promover e recoñecer a labor dos mesmos a través dun premio.



Trátase do oitavo proxecto de investigación para o cal obtemos financiamento, de xeito ininterrompido dende 2013, a través desta convocatoria de concorrencia competitiva e á cal nos presentamos en agrupación con Solidariedade Internacional de Galicia.

Este feito ven a amosar que somos un consorcio xa moi consolidado e moi ben valorado polas institucións públicas galegas. Estamos de noraboa!!!

bottom of page