ECIGAL participamos o pasado fin de semana, desde o 12 ao 14 de xullo no “Estival 4.7” organizado polo Movemento 4.7 co apoio da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID).
O Movemento 4.7 (https://www.4punto7.org/) é unha plataforma impulsada por catro organizacións do ámbito da cooperación internacional (Alboan, Entreculturas, InteRed e ONGAWA) que a día de hoxe funciona con autonomía propia, ampliándose a máis de 30 institucións de distinto carácter entre as que se atopan ONG, centros educativos, movementos cidadáns e miembros da comunidade educativa.
O Estival, desenvolto como Obradoiro de verán sobre incidencia política e social supuxo un escenario de encontró participativo de análise e reflexión conxunta sobre o grao de compromiso do sistema educativo no cumplimento da meta 4.7 tras a implantación da LOMLOE (2020), así como unha oportunidade de construcción conxunta das bases da estratexia de incidencia política e social desde o Movemento 4.7, á vista de que Educación para o Desenvolvemento e a Cidadaníaa Global segue sen chegar ás aulas.
Comments