Presentamos ECIGAL no XXXIII Congreso internacional da SIPS

Os días 28 e 29 de outubro e 4 e 5 de novembro de 2021 celebrouse o XXXIII Congreso Internacional da Sociedad Iberoamericana de Pedagogía Social, organizado polo Grupo SEPA-interea da USC, en torno á temática "Educación Ambiental e Cultura da Sostibilidade: construíndo a transición ecolóxica". Desenvolveuse nunha modalidade híbrida que combinou espazos virtuais e presenciais, na Facultade de Formación do profesorado de Lugo.


Desde ECIGAL quixemos aproveitar este espazo para presentar a constitución formal do noso grupo de investigación, compartindo a traxectoria de traballo previa en torno á ECG. A nosa compañeira Boli participou presentando a comunicación "ECIGAL: antecedentes e proxectos de futuro".

A comunicación pódese consultar no espazo de comunicación do evento: