top of page

Presentamos o proxecto MAPESS nas xornadas Showcasing Global Educational Research

O 22 de marzo, 2022 a EERA (A asociación europeo de investigación en educación) celebrou unha xornada virtual dedicada á divulgación de resultados dos proxectos de investigación subvencionados polos premios de Educación Global, concedidos en colaboración con GENE (Rede Europea de Educación Global). Presentamos os resultados do proxecto Mapping Critical Global Citizenship Education in Spanish Schools (MAPESS). A investigación, que se levou a cabo entre marzo e decembro de 2021, estaba baseada en entrevistas virtuais con profesorado de primaria, personal de ONGs e especialistas en didácticas de linguas, matemáticas, e ciencias naturais nas 17 CC.AA. de España. Pretendemos establecer una radiografía extensa e profunda sobre o estado da arte español, e alimentar o Mapa Cénit con experiencias ao nivel do estado.

Primeiro, colgamos no foro un vídeo gravado que presenta (en inglés) o mapa. E logo presentamos na xornada síncrona virtual sobre as 4 liñas de análise, emerxentes dos datos recollidos: os conceptos de ECG que se manexan e a súa relación con outros paradigmas; as posibilidades para incorporar ECG nas áreas curriculares de matemáticas, lingua, e ciencia; a formación que ten e que necesita o profesorado para levar a cabo este tipo de traballo; e os modelos de colaboración entre coles e ONDs.



Seguimos traballando para analizar e publicar estes resultados – avisamos aquí sobre os avances!

bottom of page