top of page

Proxectos que enchen de vida a prisión de Monterroso

Con este títlo publicou La Voz de Galicia un artigo sobre o proxecto que desenvolve a asociación Aliad Ultreia coa colaboración do grupo ECIGAL da UdC e do Grupo SEPA-interea da USC, e o financiamento da Obra Social La Caixa.

Un Plan de Animación sociocultural na prisión, que como indica Paula Polo, a educadora que o coordina, pretende potenciar a participación real das persoas para mellorar o contexto no que viven, para xerar vínculos e crear comunidade.

Así a radio comunitaria LibreMente, as Aulas Abertas ou as iniciativas de apertura á comunidade, contribúen nesta nova fase do Plan (iniciado no 2011) a acrecentar as oportunidades educativas da prisión.




bottom of page