Os Premios GENE Global Education, buscan premiar a calidade e boas prácticas en Educación Global en Europa.
GENE valora as seguintes dimensións ao revisar iniciativas de diferentes partes de Europa:
aliñamento coa definición de Educación Global de Maastricht (2002) cun forte foco na xustiza
interconexión entre o global e o local
resaltar a calidade que permite a aprendizaxe para outros países europeos a través desa experiencia
enfoque educativo e un papel activo, participativo e crítico de todos os implicados na iniciativa
Nesta edición dos premios seleccionou o proxecto presentado por ECIGAL “Mapping Critical Global Citizenship Education in Spanish School”.
Este proxecto permite ampliar o foco do mapeo que viñamos realizando a experiencias a nivel estatal. Un estudo enriquecido con entrevistas de corte cualitativo a tres tipo de informantes: profesorado de primaria; especialistas en didáctica das ciencias experimentais, matemáticas ou linguas; e ONGD con experiencias no ámbito.
Commenti