top of page

Organizamos o webinar "Diálogo sobre ECG na escola: realidades e propostas"


Grupo de investigación ECIGAL e Solidariedade Internacional de Galicia organizamos os próximos 7 e 9 de xuño de 17h a 20h o webinar "Diálogo sobre Educación para a Ciudadanía Global na escola: realidades e propostas". Estas xornadas teñen como obxectivo principal compartir e dialogar sobre os resultados iniciais da investigación Mapping Critical Global Citizenship Education in Spanish Schools (Mapeo de experiencias de Educación para a Cidadanía Global Crítica en escolas españolas), levada a cabo polo grupo, na que participaron 20 docentes de primaria, 20 docentes de universidade e 17 ONGs, das 17 comunidades autónomas. Así mesmo, pretendemos promover a visibilización e recoñecemento de experiencias de ECG, a través do mapa Cénit, para tecer redes de colaboración.


Programa


Martes 7: Discusión sobre os resultados da investigación

17:00 Acollida. Grupo Ecigal e Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) da Universidade da Coruña


17:15 Devolución-síntese dos resultados


18:15 Descanso


18:30 Salas simultáneas de discusión e intercambio de reflexións


  • Enfoque global e de exercicio da cidadanía nas experiencias de ECG. Dada a complexidade da definición de ECG e a súa práctica, neste espazo propoñémosnos dialogar sobre experiencias e iniciativas en base a dous eixos vertebradores (exercicio de cidadanía e dimensión global) e a súa vinculación con diferentes estratexias metodolóxicas.

  • ECG na Educación Primaria: o caso das materias de matemáticas, linguas e ciencias. O traballo de ECG na escola soe levarse a cabo de forma transversal ou a partir de proxectos globalizados. Con todo, soen establecerse máis conexións coas materias de ciencias sociais e naturais que coas linguas e sobre todo con matemáticas. Neste espazo reflexionaremos sobre os obstáculos e as oportunidades de planificar formas de relacionar e integrar a ECG nos contidos curriculares de ditas materias.

  • Formación do profesorado en ECG: quen, cando, como… As nosas entrevistas revelaron que o profesorado que participa en proxectos de ECG tende a estar altamente concienciado sobre o tema, mais reclama formación específica previa. Nesta sesión, analizaremos en máis detalle as experiencias e recomendacións das persoas entrevistadas, para reflexionar sobre posibles propostas de formación do profesorado.

  • Tecendo redes de ECG: escolas, familias, comunidade e ONGs. O traballo en ECG require dun centro aberto á comunidade. Os resultados mostran diferentes tipos de colaboración con entidades e o reto de implicar ás familias. Neste espazo dialogaremos sobre o papel dos diferentes axentes e a mellora das sinerxias entre eles para promover un maior impacto educativo e social.

19:30 Posta en común para seguir avanzando


20:00 Fin da sesión



Jueves 9: Mapeo de experiencias de ECG na ensinanza regrada

17:00 Acollida


17:15 Presentación de Cénit. Mapa de experiencias de Educación para a Cidadanía Global


18:00 Espazo para compartir experiencias de ECG

En grupos pequenos de traballo, de carácter mixto (en canto a experiencia en ECG, perfil), as personas participantes intercambiarán iniciativas e reflexións para seguir avanzando en enfoques globais e de exercicio da cidadanía máis complexos, integración curricular, sinerxias entre axentes, mellora do impacto...


19:00 Posta en común das reflexións grupais


19:40 Despedida con sorpresa global


20:00 Fin da sesión



Descarga o programa completo aquí.


Neste enlace accederás ao formulario online de inscrición: https://forms.office.com/r/Zrn54V0bEB

bottom of page