top of page

PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN

GENE Web.JPG

Mapping Critical Global Citizenship Education in Spanish Schools (2021)

Este proxecto permite ampliar o foco do mapeo a experiencias a nivel estatal. Un estudo enriquecido con entrevistas de corte cualitativo a tres tipo de informantes: profesorado de primaria; especialistas en didáctica das ciencias experimentais, matemáticas ou linguas; e ONGD con experiencias  no ámbito. 

Mapa_experiencias_EPDCG_senlenda_edited.jpg

Investigando no territorio para coñecer e recoñecer experiencias de ECG (III)

Este proxecto constitúe a terceira fase da creación dun mapa cartográfico no que identificar referentes en educación para a cidadanía global, estendendo a proposta a experiencias desenvolvidas en centros universitarios. Compleméntase co interese de afondar en iniciativas que vinculen a ECG ao curriculum, para o que se iniciará un proceso de identificación de boas prácticas nesta liña. 

clic soledad no deseada.JPG

Clic contra a soidade non desexada
(coa Fundación Esplai)

Coas persoas maiores, indagamos sobre como crear redes de apoio informais a través das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) como forma de previr e abordar a soidade non desexada, unha tendencia especialmente preocupante entre persoas desta franxa etaria.

PROXECTOS ANTERIORES

Investigando no territorio para coñecer e recoñecer os centros educativos que traballan educación para o desenvolvemento e cidadanía global en Galicia (II)
2019-2020

Ilustración_Sala_Cartográfica.png

Este proxecto preséntase como continuidade do anterior, na pretensión de xerar referentes. 

Para iso decidimos crear, a partir da cartografía e tamén como consecuencia da situación de pandemia, un mapa dixital que permite visibilizar experiencias e crear redes entre as persoas interesadas no campo da educación para a cidadanía global. 1º Edición Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global. 

Investigando no territorio para coñecer e recoñecer os centros educativos que traballan educación para o desenvolvemento e cidadanía global en Galicia (I)
2018-2019

cartografía ecigal.jpg

O proxecto formula un dobre obxectivo: coñecer e recoñecer as experiencias de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global que están tendo lugar nas escolas galegas e, á vez, promover a reflexión sobre o sentido e a práctica deste enfoque de cara á súa mellora. 

Empregouse a cartografía social como metodoloxía de investigación-acción, deseñando unha sala cartográfica como instrumento de recollida de información  para o mapeo das expericias. 

E a través dun proceso participativo con docentes e axentes de ONGs expertos e expertas en EPDCG deseñouse o Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global. 

Investigando a dimensión global da educación para o desenvolvemento na educación secundaria obrigatoria e no ensino superior universitario de Galicia
2017-2018

1526480881255.jpg

O traballo en centros evidenciou a necesidade de formación do profesorado. Así, este proxecto centrouse na formación inicial: introducimos a ECG nas nosas materias, co apoio de SI-G e AGARESO, con dinámicas diferentes, apoiándonos nos recursos comunicativos que ofrecen as novas tecnoloxías e facendo protagonistas da aprendizaxe ao alumnado. 

A incorporación desta temática é algo que mantemos, dentro dos títulos de educación infantil, primaria, educación social, e mestrado de formación do profesorado. 

Investigando a dimension global da educación para o desenvolvemento. Un proxecto piloto de IAP nun centro educativo de Galicia (II)
2016-2017

DSC_0094.JPG

Nesta segunda fase, traballamos os procesos de posta en marcha e recollida e análise de datos dun proxecto IAP. Utilizamos unha perspectiva emic (a recoller as avaliacións do profesorado das aulas, para proporcionar a visión interna) e etic (a participar e observar nas practicas, coa perspectiva externa). Analizamos tamén as relacións inter-institucionais que se xeraron ao longo da colaboración.

Investigando a dimension global da educación para o desenvolvemento. Un proxecto piloto de IAP nun centro educativo de Galicia (I)
2015-2016

IAP Monfero2.jpg

Na primeira fase dun proxecto de IAP, formamos una colaboración entre especialistas universitarias en didácticas de matemáticas, ciencias naturais, ciencias sociais, e linguas e o profesorado dun CPI  rural para integrar a ECG como proxecto de centro. Dedicamos un tempo para familiarizar o profesorado cos procesos de investigación propostos, e para deseñar un Plan de Acción Integral.

Explorando as posibilidades de estender a dimensión global da EpD en educación secundaria obrigatoria. Unha investigación diagnóstica en centros educativos de Galicia
2014-2015

20151023_191240_HDR_edited.jpg

No proxecto anterior apreciouse que a ECG estaba moi vinculada a certas materias (filosofía, ciencias sociais, etc.) e quixemos coñecer cales eran os problemas e as resistencias do profesorado doutras áreas curriculares. Para elo, realizáronse 6 microestudos en centros escolares, situando a atención na etapa de secundaria.

Investigando na educación para o desenvolvemento: un estudio de caso sobre a aplicación do proxecto “O tesouro de Acahualinca” 
2013-2014

Foto 1 investigacion.jpg

Este proxecto responde á inquedanza de Solidariedade Internacional de Galicia por ter unha práctica coherente e de impacto nos centros educativos: buscaban unha avaliación externa e comprobar o impacto das súas accións cara á transformación ecosocial, nun contexto multicultural e globalizado. Para iso analizáronse 11 proxectos implementados pola ONGD entre 2002 e 2012 e se realizou un estudo de caso sobre o último proxecto desenvolvido ata o momento (O Tesouro de Acahualinca), contando coa participación de alumnado e profesorado.

Se queres saber máis dos nosos proxectos, escríbenos!

bottom of page